Anxo Angueira, poeta e Presidente da Fundación Rosalia de Castro, estivera horas antes no MARCO de Vigo, xunto con Xosé Ramón Pena e Aser Álvarez, os tres expertos e amigos do escritor de Vilanova dos Infantes, Xosé Luis Méndez Ferrín, nesta ocación para presentar a Enciclopedia Ilustrada Ferrín Arraiano, coordinada por Aser Álvarez igoalmente da raia o mesmo que se define como contrabandista cultural.
Durante o acto, o filólogo, escritor e estudioso da literatura galega,con berce, en Manselle, terras de Dodro e a pouca distancia da Casa da Matanza, recitou o poema "Arnoia", acto no que manifestou tamén que Ferrin é dono dun río, igual que Rosalia de Castro e a dona do Sar".
Un poema que se pode ler no volume "Poesía reunida", que recolle desde os primeiros poemarios e outros escritos ao longo da carreira de Xosé Luis Méndez Ferrín inclusive "Voces na néboa" que chegou a costear o autor, o mesmo que ainda está a tempo de recibir o Premio Nóbel de Literatura.
En horas recentes na Escola de Artes e Oficios de Vigo, presentóuse o volume "Poesía reunida" , na Escola de Artes e Oficios de Vigo , un emotivo acto no que participaron, Fran Alonso, director de Xerais e o lingüista, Xosé Henrique Costas, así como tamen estaban na sala Moncha Fuentes e Oriana, muller e filla do escritor Xosé Luis Mendez Ferrín, xa que o escritor non sae da casa. Tamén se mencionou a posibilidade de que o escritor aínda teña tempo de recibir o Premio Nobel.