viernes. 22.11.2024

Vinte e nove pezas forman o conxunto que ofrecen un sucinto panorama do que foi a miniatura retrato en Francia, entre a segunda metade do seculo XVIII e o primeiro terzo do seculo XIX . 

Baixo o título  'O teu rostro na multitude' poden contemplarse na Pinacoteca Fernández del Riego ata  ó 9 de marzo de 2025.

As pezas do Museo Municipal "Quiñones de León", proceden  do Legado Policarpo Sanz- Irene de Ceballos. O magnate  legou ó pobo de Vigo un gran patrimonio  artístico e económico. A súa esposa aumentou este legado e velou polo seu coidado e entrega  ó Concello.

Estevez1
M. ESTÉVEZ

O xénero máis coñecido  da pintura de miniatura  e-lo retrato, tanto na súa faceta privada, cun sentido familiar, sentimental, ás veces pícaro;.

As miniaturas foron esenciais nos agasallos que se intercambiaban entre as cortes europeas.

Sobre marfil vitela ou  esmalte na colección aparecen miniaturas  de excelente calidade como o suxestivo Retrato de muller de Jean Urbain Guerin (ca.1805-1810); o anónimo Retrato de home (ca. 1810); de detallismo sorprendente ou o "cadro dentro do cadro" que é o Retrato de familia de Antoine-Guillaume Chereau (1798) até o momento a única miniatura coñecida deste miniaturista.


 

O teu rostro na multitude
Comentarios