Rick Estrin, harmonica e voz; Kid Andersen, guitarra; Lorenzo Farrell, Hammond B3 e Derrick "DMAR" Martin, batería, subirán ao palco da Praza da Ferrería como Rick Estrin & The Nightcats, banda estadounidense de blues eléctrico formada en 2008. El 7 agosto, na praza da Ferrería de Pontevedra, ás 22.30 horas.
Estrin, nado en 1949 en San Francisco, comezou a tocar a harmónica aos quince anos e formou parte da banda de Muddy Waters antes de regresar á Baía para formar Little Charlie & The Nightcats. En 2008, fundou Rick Estrin & The Nightcats.
A banda lanzou You Asked For It... Live! en 2013, gañando premios nos Blues Music Awards. En 2017, o álbum Groovin' in Greaseland tamén recibiu múltiples premios. Rick Estrin é recoñecido por combinar tradición e innovación no blues.
A banda actúa en festivais de blues por todo o mundo, incluíndo o Chicago Blues Festival e outros en Europa e América.