20 de noviembre de 2023, 23:53
CMUS celebra esta semana a festividade da patroa Santa Icía con tres concertos no seu Auditorio. O primeiro terá lugar este luns 20 ás 19.00h onde profesores e alumnos do CMUS interpretarán obras de diversas épocas e autores. O martes 21, tamén ás 19.00h será o turno dos nosos pequenos e pequenas de Grao elemental, cu que oferecerán un concerto cargado de ilusión e bo facer e onde nos amosarán o marabilloso traballo realizado no curso. Para rematar, o propio día da nosa patroa, o mércores 22 ás 19.30 profesores e alumnos de Grao profesional ofrecerán un concerto que de seguro fará as delicias de todo o público asisitente.