viernes. 22.11.2024

Este mércores, 29 de decembro, o Salón de Plenos da casa do concello de Tui acollerá ás 19.30 h a presentación do novo número da revista “Castellum Tyde” que edita o Instituto de Estudios Tudenses e que patrocina o Concello de Tui. Trátase da sétima entrega desta publicación periódica dedicada á investigación sobre a cidade de Tui e o seu territorio histórico.

O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, acompañado do presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Xavier Añoveros y Trias de Bés. No decurso deste acto intervirá Xabier Gobra González do grupo Espeleolóxico “Maúxo, un dos autores que publican nesta nova entrega de “Castellum Tyde”, que fará un breve achegamento ao seu traballo “Patrimonio natural e cultural das Covas da Trapa, Ribadelouro – Tui”.

Con este tomo a revista de estudios acada o seu sétimo número, motivo de gran satisfacción para o presidente do Instituto pois testemuña unha continuidade no traballo que ven desenvolvendo esta entidade que agrupa a preto dunha trintena de estudosos e investigadores. Ao tempo agradece a sensibilidade do Concello de Tui e do seu alcalde, Enrique Cabaleiro, por manter o patrocinio desta publicación que enriquece o coñecemento da nosa cidade, da súa historia e o seu patrimonio.

Para asistir é preciso inscrición previa no correo electrónico: [email protected] sendo a asistencia libre ata completar o aforo.

Relación de artigos no nº 7 de “Castellum Tyde” revista do Instituto de Estudios Tudenses:

1.      Sánchez Bargiela, Rafael: Manuel Fernández-Valdés Costas

2.      Clube Espeleolóxico Maúxo: Patrimonio natural e cultural das Covas da Trapa, Ribadelouro, Tui

3.      Iglesias Almeida, Ernesto: Notas sobre os estilos románicos e góticos tudenses

4.      Hidalgo Cuñarro, José Manuel: Reflexiones sobre las fortalezas medievales de la antigua provincia de Tui. Estado de la cuestión.

5.      Antonio Rubio, Maria Gloria de: Revisión de la presencia judía en Tui

6.      Vila, Suso: Pelames e aloques. A artesanía do coiro en Tui.

7.      González Pérez, Clodio: Unha copia da legenda B. Petri Confessoris (San Telmo) do historiador e haxiógrafo  crecetense Gregorio de Lobariñas (1608)

8.      Añoveros y Trias de Bés, Xabier: La hidalguia urbana en Galicia

9.      González, Miguel Ángel: El libro de fábrica de la Catedral de Tui de 1718 a 1774. Notas artísticas y curiosas.

10.   Vázquez Ramil, Raquel y Porto Ucha, Anxo Serafín: Pleito del voto de Santiago. Tomiño. 1757. Una aproximación documental al período 1751-1763.

11.   González Lopo, Domingo L.: Devociones y emigración: Ntra. Sra. de la Peña de Francia, un culto mariano alfacinha en tierras tudenses (siglos XVIII-XIX)

12.   Gonzalez Piñeiro, Luis Manuel: Santa María de Luneda. Evolución arquitectónica de una iglesia sanjuanista

13.   Pemán Gatrcía, Jesús, Morcillo San Juan, Antonio e Picos Martín, Juan: Rafael Areses Vidal, un forestal gallego incansable

14.   Bouzón Gallego, Avelino: La devoción al Sagrado Corazón de Jesús y el centenario de la consagración del Seminario de Tui (1921-2021)

15.   Bugarín González, Rosendo: Un pasodoble inédito de Faustino Temes.

Preséntase o novo número da revista Castellum Tyde do Instituto de Estudos Tudenses