O espectáculo de maxia infantil 'Patapatún tun tun', a cargo do mago Paco, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos, terá lugar na sala multiúsos do auditorio municipal este sábado, día 15 de febreiro, ás 12.00 horas.
“Patapatún
tun tun” é un espectáculo de maxia
infantil dirixido aos máis cativos e cativas, que, xunto aos seus pais e nais,
gozarán dun espectáculo dirixido especialmente para eles e elas. Neste
divertido espectáculo o mago Paco saca a súa faceta máis tenra para achegar o
mundo da maxia aos nenos e nenas máis pequenos a través de xogos, monecos, ou
historias.
Para
poder participar nesta actividade, que é completamente de balde, é necesario
facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello
de Ponteareas (Tlf 986640000, ext.1010), antes do día 15 de febreiro.
Esta
actividade forma parte dun conxunto de actividades realizadas de xeito mensual
que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego, un
programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego
como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no
noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense
recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e
nenas, etc.
Todas
aquelas persoas interesadas neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo
de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a
información precisa.