jueves. 21.11.2024

‘Papagena’, a ópera electrónica en galego

 Trátase dunha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono cambadés Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.
Papagena. ©MIRAMEMIRA.
Papagena. ©MIRAMEMIRA.

 Papagena, á última creación da compañía ButacaZero, dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas, vaise representar este sábado 5 de novembro, ás 21 h, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 Trátase dunha ópera electrónica contemporánea de pequeno formato en galego, con perspectiva de xénero, que narra a historia dunha parella engaiolada nunha relación tóxica. O elenco está formado pola soprano Esperanza Mara e o barítono cambadés Jacobo Rubianes que actúan acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor da ópera e do libreto e tamén director musical da peza.

A entrada do espectáculo é gratuíta ata completar o aforo. A función enmárcase no programa ‘Con-fiando Cultura’ da Deputación de Pontevedra que tamén levará proximamente Papagena ata Bueu (19 de novembro) alén de achegala ata outros concellos da provincia logo da súa estrea nas Ruínas de Santo Domingo: O Grove, Caldas de Reis e Tui

‘Papagena’, a ópera electrónica en galego
Comentarios