6 de octubre de 2020, 23:08
'O Camiño do Humor' nova exposición en Tui que mañá se inaugura e que recolle unha recompilación de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila. A mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.
A mostra está organizada de maneira temática baixo epígrafes como Xente de aquí, Na leira, O bicherío, Tecnoloxía, O tempo, O turismo ou O Camiño de Santiago, etc. En conxunto, ofrece un completo percorrido pola obra de Davila a través dunha antoloxía das súas viñetas máis destacables.
A mostra forma parte do programa de actividades do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui.