jueves. 21.11.2024

Nueva enciclopedia y documental revelan los secretos de Méndez Ferrín

No MARCO, antigos camaradas e admiradores de Xosé Luis Méndez Ferrín reuníronse para celebrar a publicación dunha enciclopedia ilustrada sobre a súa obra e a proxección dun documental que o homenaxea. O evento serviu como ocasión para rememorar a vida e o legado do escritor galego.
Aser Álvarez, Anxo Angueira e Xosé Ramón Pena , Detrás portada do libro, retrato de Ferrin, por Baldomero Moreiras.
Aser Álvarez, Anxo Angueira e Xosé Ramón Pena , Detrás portada do libro, retrato de Ferrin, por Baldomero Moreiras.

No MARCO, antigamente Cadeia de Vigo, onde estivera preso Xosé Luis Méndez Ferrin, hoxe Museo de Arte Contemporáneo, con espazos, alen de salas de exposicións, onde asiduamente  presentanse libros ou actos organizados polo Club Faro de Vigo, ciclos de cinema, entre outras actividades paralelas a programación pictórica.

En horas recentes os contertulios no salón de actos, Aser Álvarez, Anxo Angueira e Xosé Ramón Pena, tres expertos e amigos do escritor de Vilanova dos Infantes, Xosé Luis Méndez Ferrin, nesta ocasión xuntos para presentar a Enciclopedia Ilustrada de -Ferrin Arraiano- e da proxección do documental sobre o autor, entre outras obras literarias "O ventre do silencio".

libro
Unha das ilustracions do libro. Autor Xulio Fontes.

Así se define igualmente Aser Álvarez, ademáis contrabandista cultural e amigo do escritor que tivo o berce a carón da torre dun vello castelo, en Vila Nova dos Infantes.

Él Aser naceu en Bande e antes do documental que agora sae a luz, fixera o de Celso Emilio Ferreiro, quen recibiu os parabens de Ferrin o mesmo que agora que chega con outro agasallo que inclue a enciclopedia Ilustrada de Ferrin con portada do pintor de Celanova e estudio na Reitoral de Golpellás, Baldomero Moreiras.

Refiriuse Aser,  a complicidade de Moncha Fuentes e Oriana, Muller e filla do escritor, a primeira fora tamen profesora do Instituto Santa Irene de Vigo, un encontro de amigos que puideron disfrutar en vivo dun poema de Anxo Angueira recitado durante o acto, incluido na Enciclopedia Ilustrada de Ferrin Arraiano, ou mesmo dicir  canto o Arnoia  o mesmo que Rosalía de Castro fixera con o Sar, namentras que Xosé Ramón Pena, dirixiuse aos asistentes manifestando que non tiña ninguna duda de que Ferrin poidiera ser Premio Nobel de Literatura.

Ente o público sentábase o pintor de Forxán, en terras de Quintela de Leirado, nas faldras do Penagache que igoalmente  aparece no libro, cun cadro saido do seu taller "Terra de Turonio" así como unha foto de Ferrin  dedicad ao seu amigo. .

dedicafoto
Xosé Luis Méndez Ferrin dedica unha foto a Xulio Fontes, amigos da raia.

Nueva enciclopedia y documental revelan los secretos de Méndez Ferrín
Comentarios