jueves. 21.11.2024

Necesítase dispor dun sistema que permita medir e compensar aos propietarios forestais por diversos beneficios que achegan á sociedade

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), están a celebrar as “XXXIII Xornadas Luis Asorey”. Esta edición céntrase en “O capital natural e os servizos ecosistémicos. A nova base da economía”, a través dunha serie de conferencias gratuítas que se están a desenvolver no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19.00 a 21.00 horas. As xornadas están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

Luis Díaz Balteiro, investigador.
Luis Díaz Balteiro, investigador.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), están a celebrar asXXXIII Xornadas Luis Asorey”. Esta edición céntrase en “O capital natural e os servizos ecosistémicos. A nova base da economía”, a través dunha serie de conferencias gratuítas que se están a desenvolver no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19.00 a 21.00 horas. As xornadas están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

O coordinador desta iniciativa é Antonio Rigueiro, catedrático emérito da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, presidente da Asociación Forestal de Galicia e académico numerario da RAGC. Mañá xoves, 17 de novembro, terá lugar unha nova conferencia deste ciclo, que versará sobre “A manipulación das externalidades”. Impartiraa Luis Díaz Balteiro, catedrático de Ordenación de Montes e Valoración Agraria da Universidade Politécnica de Madrid.

Os sistemas forestais proporcionan á sociedade un conxunto de servizos a custo cero

O experto sinala que “desde hai máis dun século, soados economistas introduciron ou desenvolveron un concepto que servía para detectar determinados fallos de mercado derivados das consecuencias das accións dun axente económico sobre outro, e que non presentan un prezo de mercado. De forma moi sucinta, esta é a idea dunha externalidade”. Explica que “as externalidades foron abordadas con moita atención porque se demandaba que os gobernos adoptasen medidas para internalizar custos externos (externalidades negativas) non contabilizados a priori. Con todo, tamén existen externalidades positivas (ou beneficios externos) dos que se fala moito menos e onde os sistemas forestais son claros exemplos de proporcionar á sociedade un conxunto de servizos ecosistémicos a custo máis ou menos cero”.

No seu relatorio, o catedrático centrarase nas externalidades positivas, tan vencelladas ás masas forestais. Nesta liña, apunta que “a realidade inicial amósanos que aspectos como a captura de carbono, a conservación da biodiversidade, a regulación do ciclo hídrico... non adoitan estar correctamente medidos nin valorados, ao ser considerados como bens públicos e, por tanto, o sistema de dereitos de propiedade vólvese imperfecto”. Na súa intervención repasará algúns exemplos concretos situados no contexto forestal, integrándoos coa necesidade de dispor dun sistema de información apropiado que permita medir e compensar aos propietarios forestais por diversos beneficios que achegan á sociedade.

Experto en xestión e valoración dos sistemas forestais

Luis Díaz Balteiro é investigador responsable do grupo de investigación “Economía y Sostenibilidad del Medio Natural” da Universidad Politécnica de Madrid. As súas prinicipais liñas de investigación céntranse no deseño e a aplicación de diversas ferramentas analíticas para a resolución de problemas asociados coa economía e a xestión forestal. Tamén se dedica á valoración dos sistemas forestais.

Ten publicado 71 artigos pertencentes a 42 revistas diferentes. É autor de seis libros, entre eles o internacional “The Management of Industrial Plantations” (“A Xestión de Plantacións Industriais”). Na actualidade é redactor xefe de sección da revista Forests.

INSCRICIÓN para participar gratuítamente en todas as conferencias.

Necesítase dispor dun sistema que permita medir e compensar aos propietarios forestais...
Comentarios