jueves. 21.11.2024

Cantareiros Os Chispas do Lérez actuaron na UNED de Pontevedra para a clausura este mércores da exposición de Pintura e fotografía que organizou a Asociación Artística y Cultural de Pontevedra. Segundo a responsable da exposición, pasaron máis de 3.000 personas para ver os cadros.

Os Chispas do Lérez fundáronse en 2016. A formación beneficiouse de membros de grupos corais de Cuntis e Moraña que, con outras persoas de Pontevedra, o 5 de maio de 2016 fundaron o grupo, como recorda o seu presidente Adolfo Martínez Taboada. Trala pandemia, houbo que refundar a formación e Martínez buscou o actual director, Xosé Iglesias 'Buxán', un histórico da música tradicional galega de amplísima traxectoria musical. Na actualidade son trece as persoas que compoñen os Chispas do Lérez: Xoán Mariño, Adolfo Martínez, Marta Sánchez, Maruxa Ferreira, Pepe Portela, Mari Carmen Moledo, Sabino Chán Magdalena, Manolo García Sousa, Venancio Outeda, Gonzalo Herrero, Pepe Iglesias ‘Buxán’ e Ramón G. Lozano.

IMG_5597
De esquerda a dereita, Xoan, Adolfo, Marta, Maruxa, Pepe, Mari Carmen, Sabino, Manolo, Venancio, Gonzalo, Pepe Buxán e Ramón

Na actuación na UNED o seu repertorio consistiu: Foliada de Pontevedra; Cantar do arrieiro; O carro; .Oh Rama; A Rumboia; O roubador; Bis.San Benitiño. 

O DIRECTOR

Pepe Buxán, actual director, lembra que desde os nove anos anda nisto da música. Colaborou con grandes grupos musicais e hoxe está centrado na composición que é o que "máis me enche", di a Diario Luso-Galaico.

A música galega, para Buxán, pasou nestes últimos 50 anos por distintas etapas cunha fochanca no medio. Aquela época de Fuxan os Ventos, Milladoiro, Treixadura...baixou o seu tirón, pero agora estase a recuperar…, pensa Buxán.

Como director dos Chispas, Pepe Buxán di que os vai levar "onde queiran chegar eles". E fai unh analise rigorosa: "Están empezando a soar ben..., pero hai un par de voces...". Vese que o mestre é esixente, como bo artista.

Para este veterano da música, a vida ten unha melodía, e ao longo da nosa vida todo é música, desde o ventre da nosa nai ata os responsos de defuntos. El reláxase tocando o piano ou a guitarra. E se non lle chegase cos Chispas, aínda uniu forzas cun grupo de amigos músicos de toda a vida para constituír un cuarteto, Maquía.

IMG_5569
O público asistente ao concerto misturouse cos músicos e o grupo Os Chispas do Lérez. 

Buxán sabe da importancia da música para que sobreviva o noso idioma galego...por iso o entenrece ver uns rapaciños gaiteiros...el que está emparentado con Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, líder dun gran grupo de gaiteiros, xunto cos Dezas de Moneixas. Os grandes entre os grandes!

Na Uned aplaudiron e moito. Incluso houbo propina e Os Chispas do Lérez interpretaron san Benitiño. O evento rematou subindo ao escenario e cantando músicos e públicos unha canción galega…A música sempre estará nas nosas vidas. Ten razón ‘Buxán’.

A música galega tradicional dos 'Chispas do Lérez' clausura unha exposición pictórica...
Comentarios