martes. 04.03.2025

O vindeiro 1 de marzo, sábado de Entroido, terá lugar ás 13:00 h no Museo Municipal a inauguración da XIII EmporcARTE, en lembranza do pintor e músico dezao Eduardo Meijomence e de Alexandro, cartelista da Feira do Cocido do ano 2015. A mostra contará coa participación de 51 artistas chegados de distintos puntos da xeografía galega, ademais dunha artista de procedencia chinesa e asentada en Lugo. As obras, escultóricas, fotográficas e pictóricas, teñen como temática o cocido.

Está prevista a asistencia do alcalde de Lalín, José Crespo; do presidente do Parlamento, Miguel Santalices; do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; da concelleira de Cultura, Begoña Blanco, e de membros da Corporación, ademais dun amplo número de artistas. Tereixa Taboada (artista e galerista) e Cecilia Doporto (comisaria da exposición e traballadora do museo) falarán sobre os homenaxeados.

A mostra poderase visitar na planta primeira do Museo ata o 28 de marzo e coexistirá coa exposición central do Cocido "Arte e tinta", promovida polo Concello de Lalín, Afundación e ABANCA, que estará aberta na planta baixa do Museo ata o 14 de marzo.

Poderán contemplarse obras de: Eduardo Meijomence, Alexandro, Paco Pestana, Soledad Penalta, Ruth Lodeiro, Quintana Martelo, Diego de Giráldez, Lomarti, Tereixa Taboada, Acisclo Manzano, Paio, Isabel Alonso, Abel Barandela, Ehlaba, Nicolás González Aller, Ricardo Ferreiro, Xan Paz, Mitra, Luis Ferreiro "O Vila", Mariña Paz, Jesús Otero Iglesias, Carmen Payo, Aitana Iglesias, Noa Blanco, Marisa Miguélez, Iria Eijo Martínez, Olalla Garra, J. Luis Abeledo "Bibí", Carlos Santos, Adrián Penido, José Antonio Fondevila, Carmen Senande Pazos, Ángel Utrera, Ana Dobarro, Shui Long Xue Bao, Gloria Alonso, Chelo Rodríguez, Alfonso Santomé, Javier Hita, Juan Liñares, José Antonio Santomé, María Gandásegui, Sé Senande, Mercedes Paz, Tito Rodríguez, Toño Lorenzo Guisado, Daniel Méndez Piñón, Xosé Poldras, Nolo Suárez e Deiviz Kostoya.

Inauguración da XIII EmporcARTE en Lalín: Homenaxe a Meijomence e Alexandro
Comentarios