lunes. 03.03.2025

Os Satélites e a Orquestra Compostela: Protagonistas do Entroido rosaleiro

Durante a década dos sesenta, a tradición do Entroido no Rosal cobraba vida coa competencia musical entre Novás e Fornelos, onde as orquestras se enfrontaban na Praza do Calvario. Figuras como Manuel Muñiz, Miguel Torres, Carlos Franco e grupos como a Orquestra Compostela e Os Satélites deixaron a súa pegada nestas festividades, que incluían desde encontros matinais ata bailes nocturnos, destacando a rica historia musical da rexión.
Los Satélites está a pasada noite en Fornelos, O Rosal.
Los Satélites está pasada noite en Fornelos, O Rosal. LUÍS DORADO.
Los Satélites está pasada noche en Fornelos,
O Rosal En el centro, Leonardo Kindelan,
saxofonista cubano. LUÍS DORADO. 

Noutrora, na década dos sesenta, os veciños rosaleiros de Novás competían con Fornelos durante as Festas de Entroido, unha tradición que os xuntaba na matinal do domingo na Praza do Calvario para un encontro musical, mesmo diante das arcadas do Concello.

Na lembranza do cronista, aquel domingo, con dous palcos en camións, nun deles os compoñentes da Orquestra Compostela co inesquecible director Manuel Muñiz e o vocalista Miguel Torres, contratada pola Comisión de Festas de Novás, e á beira a Gran Parada de Rianxo, dirixida por Carlos Franco, músico de Asados, que tampouco está, e as voces de Juanjo e Manolito "O Pescador", unha formación procedente da vila mariñeira onde naceran Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio. A mesma onde, meses antes da celebración festiva, se desprazaran desde Fornelos varios membros da Comisión á vila de Guadalupe para formalizar por escrito as condicións para actuar no Baixo Miño, que incluían a matinal á beira da Casa Consistorial, a festa no Terreiro de Fornelos e o baile nalgunha sala de festas do Baixo Miño, ben na Liga de Amigos do Rosal ou calquera recreo ou salón na vila guardesa.

Saavedra, el trombonista-director de la Orquesta (primeiro pola dta.).
Saavedra, el trombonista-director de la Orquesta (primeiro pola dta.).

En Novás, moitos anos atrás, tocaran Os Satélites, sen dúbida a mellor formación musical de Galicia, fundada en 1938 polo saxofonista Manuel Otero Mariñas, a primeira que viaxou a América en 1955 con Pucho Boedo, a mesma voz que triunfara cos Tamara polo mundo enteiro, despois.

Imagen de WhatsApp 2025-03-02 a las 23.10.07_787d0148
Jorge Rodríguez Álvarez, de Fornelos, lembrando a Castelao. LUÍS DORADO. 

Este 2025, Os Satélites da Coruña, os primeiros en subir ao palco en Fornelos do Rosal, onde en lugar do saxo fundador soou maxistralmente o do cubano, residente en Bertamiráns, Leonardo Kindelán.

Os Satélites e a Orquestra Compostela: Protagonistas do Entroido rosaleiro
Comentarios