Para continuar a promover de forma colaborativa o talento galego e portugués, unir esforzos, xerar sinerxias e obter unha mellor visibilidade da cultura de cooperación entre os territorios, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal organiza o “Espazo Eurorregião Creativa”. A plataforma realízase en simultáneo co IKFEM Festival 2023, que este ano celebra a súa 11ª edición, entre o 20 e o 25 de xullo.
A plataforma “Eurorrexión Creativa” celebrarase, no vindeiro 21 de xullo, na Ponte Internacional de Tui-Valença, co obxetivo de dar visibilidade a artistas de ambos os territorios e dinamizar a cooperación entre eles. Xa que un dos obxectivos do nosa AECT, é incentivar a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal, e a Eurocidade Tui-Valença é un lugar idóneo para iso.
Esta mostra de talentos e emprendedores da nossa Eurorrexión quérese ampliar nas próximas edicións a todos os sectores artísticos, para deleitar ao público visitante dunha experiencia cultural única e diferenciada na música, na danza, na moda, na pintura, na literatura, no teatro e na gastronomía, entre outras disciplinas.
Este proxecto xorde a través da iniciativa Nortear, un proxecto transfronteirizo de intercambio cultural de éxito, que ten como eixe a promoción da creación artística e visa aumentar o coñecemento e a circulación da cultura a través do desenvolvemento de diversas actividades, que temos programado desde 2015 coa Cultura da Xunta de Galicia e a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, contando co cofinanciamento do INTERREG- POCTEP.
O festival IKFEM 2023 ten entrada gratuita. Presenta unha vasta programación de concertos, mantendo a súa identidade, co piano como gran protagonista, dende a súa inauguración, o próximo 20 de xullo, coa actuación dun piano flotante nas augas fronteirizas do Río Miño.
Nesta 11 edición do IKFEM apóstase tamén, ata 25 de xullo, por outros estilos musicais e polas artes visuais.