viernes. 27.12.2024

'Eternas' é o título da exposición de pintura que se pode visitar no Casal de Ferreiros, no Concello de Poio, até o 5 de xaneiro. A mostra é obra da artista Galia Blanco.

A pintora comezou a expor os seus traballos pictóricos a finais dos anos oitenta co apoio do pintor Antón Sobral, tanto en mostras colectivas como individuais, a nivel nacional e internacional.

Galia Blanco naceu en Santiago de Compostela en 1974. É licenciada en Xornalismo e ten publicado críticas de arte no Diario El Mundo, entre outros medios. Ocupou o cargo de Directora de Comunicación na Fundación Granell, na capital de Galicia, e hoxe, día 26, clausura a exposición "Versus", que estivo aberta nunha das salas do Liceo Casino de Pontevedra.

'Eternas', a exposición de Galia Blanco no Casal de Ferreiros
Comentarios