jueves. 02.05.2024

'Escenarios da Paixón. Isabel Pintado e Alfonso Costa'

Pintado e Costa, artistas prolíficos cunha longa e recoñecida traxectoria, entenden esta homenaxe como un acto de amor e xustiza a prol da memoria deste distinguido galego cuxo centenario se celebrou o ano pasado. A “escenificación” desta exposición nos salóns da Fundación Granell lembra ao mesmo tempo a relación de cariño e admiración que o gran artista Eugenio Granell amosou, no seu libro Memorias de Compostela, coa familia Quiroga Casares, un veciño… na rúa Panaderas da Coruña– da familia do pintor cando María era nena. Unha infancia galega que a actriz confesou como o territorio máis profundo e inextinguible do seu ser.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na apertura da mostra Escenarios da paixón. Homenaxe a María Casares na Fundación Eugenio Granell. Un achegamento pictórico que percorre as diferentes etapas da vida e da actividade interpretativa da actriz coruñesa e que pode visitarse ata o vindeiro 25 de xuño

O representante da Xunta de Galicia destacou o excelente traballo de Isabel Pintado e Alfonso Costa nesta homenaxe plástica a María Casares. “Dous prolíficos artísticas que poñen o seu talento ao servizo da memoria desta insigne galega cuxo centenario celebramos o pasado ano”, salientou. No acto participou tamén o profesor e crítico de arte Carlos L. Bernárdez, que presentou a mostra.

A través do papel, o lenzo e a propia paleta, en formatos e tamaños diversos, a exposición aborda tanto a relación entre a pintura e o teatro como a traxectoria vital dunha actriz que foi testemuña directa de decisivos acontecementos históricos e, tras o seu exilio, estivo vencellada á intelectualidade francesa de mediados do século XX.

A posta en escena da mostra rememora, ademais, a relación de afecto e de admiración manifestada por Eugenio Granell no seu libro Memorias de Compostela á familia Quiroga Casares, dos que foi veciño cando María era unha nena.

CULTURA

'Escenarios da Paixón. Isabel Pintado e Alfonso Costa'
Comentarios