jueves. 21.11.2024

Co apoio do Concello, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e igualmente de Ponteareas, sae a luz o segundo libro de Nerga, colección de monográficos da Fundación Xoan Piñeiro, de Goián, institución cuia actividade está intimamente vinculada  a presencia do espiritu do seu fundador, coa divulgación da súa obra, promoción de artistas e desenrolo escultorico de Galicia, que continua a contribuir sobre a escultura.

"Silverio Rivas", un novo libro que pretende descubrir a manía do artista con berce na parroquia de San Mamed de Fontenla, en terras do Condado e con estudio taller en Paramos . Coordinado por Miguel Anxo Rodríguez Gonzalez, investigador e profesor do departamento da Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para quen " Silverio é un dos artistas que mais contribuiu a transformación da paisaxe urban desde o arte, con súas esculturas, desde as últimas décadas  do século XX". Será presentado hoxe  as 20.OO na Sala de Exposicións de Tui

A relevancia do escultor na historia creativa en Galicia, está patente e numerosas monumentales esculturas de lado a lado do país galego, sendo a mais destacada a "Porta do Atlantico", que se ergue na Praza America, realizada en granito de Porriño.

Iniciou a formación artística  no taller de ebanisteria  do seu  pai, logo cursa estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo, recibindo leccións  de maestros como Camilo Camilo Nogueira, aprende técnica de escultura en bronce no taller de Xoán Piñeiro e recibe unha beca que lle permite ampliar coñecementos en Madrid, nomeadamente  na Escola de Artes e Oficios e no Círculo de Bela Artes e realiza sua primeira  mostra individual en Caixavigo, 1971

Descubriendo a Silverio Rivas: unha viaxe pola vida e obra dun gran escultor galego
Comentarios