sábado. 21.12.2024

O Cristo da Vera Cruz da Semana Santa viveirense vai ser restaurado

A imaxe está emprazada na igrexa de San Francisco e figura entre as que acompañan o tradicional vía crucis das mulleres de Viveiro. Representa a Cristo crucificado e está realizada en madeira de castiñeiro policromada con pintura ao óleo. Atribúese ao século XV, aínda que non consta a datación exacta nin o autor.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego colaborará coa Confraría da Venerable Orde Terceira Franciscana para mellorar as condicións de conservación da peza. Arias acompañado del Presidente de la Juanta de Cofradías de la Semana Santa de Viviero, Pepe Veiga.

A Xunta de Galicia colaborará coa Confraría da Venerable Orde Terceira Franciscana de Viveiro para restaurar a talla do Cristo da Vera Cruz. A actuación responde a unha petición da Xunta de Confrarías da Semana Santa vivariense.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que o Goberno galego financiará os traballos de restauración da peza, que forma parte dos pasos procesionais da Semana Santa desta localidade, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

A imaxe está emprazada na igrexa de San Francisco e figura entre as que acompañan o tradicional vía crucis das mulleres de Viveiro. Representa a Cristo crucificado e está realizada en madeira de castiñeiro policromada con pintura ao óleo. Atribúese ao século XV, aínda que non consta a datación exacta nin o autor.                                                                                                 

En canto á intervención prevista, levarase a cabo unha limpeza a fondo, a mellora das condicións de conservación e a consolidación da peza. O proxecto fai fincapé na importancia de conxugar o criterio estético coa salvagarda do valor cultural e artístico da talla.

O delegado engadiu que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xa resolveu favorablemente á execución desta intervención, que terá que ser realizada por persoal técnico con formación específica en materia de conservación e restauración de bens culturais.

O Cristo da Vera Cruz da Semana Santa viveirense vai ser restaurado
Comentarios