sábado. 21.12.2024
IMG-20241219-WA0005
Así quedou un dos estudios
dun artista valenciano.

Coordinada por Pilar Delmas e Antón Sobral, está patente no Granero Delmas, nas Galerias Oliva de Pontevedra, local 15, unha exposición solidaria para colaborar na reconstrución dos talleres dos artistas plásticos valencianos de Paiporta, José Galarzo e Mari Carmen Martínez, estudios destruídos polas inundacións DANA do pasado 29 de outubro.

Ambos os dous creadores, estreitamente vinculados a Galicia, concretamente na participación dos encontros coa Arte no Concello de Brión, nos cuxos obradoiros perdidos impartían clases de arte.

Outro estudo danado trala DANA.
Outro estudo danado trala DANA.

Entre os artistas que aportaron xa obras figuran Rafa Loureiro, Novais, Isabel Alonso, Pedro Avila, Yolanda Carbajales, Barreiro, Antón Castro, Ruth Lodeiro, Loureiro, Miguel Pereira, Manuel Chapela, Galia Blanco, Yolanda Carbajales, Pilar Delmas, Xulio Gil, Chelo Rodríguez, Sisi, Olga López, Isabel Ramirez, Manuel Muñoz, Soledad Penalta, Nelson Gómez Calleja, Paula Mariño, Eva Tarrio, Nolo Suarez, Antón Sobral.

A arte galega únese para reconstruír os estudios de artistas valencianos
Comentarios