Até o 26 de marzo pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal a mostra 'Jewish Journeys / Viaxes Xudías'. A mostra foi deseñada e doada pola Biblioteca Nacional de Israel á Red de Juderias de España con motivo das Xornadas de Cultura Xudía 2020. A través de paneis informativos e fotografías cóbrense .
Viaxar dun lugar a outro, física, espiritual ou emocionalmente, coloca ás persoas nun camiño de transición. "Viaxes xudías" analiza e ilustra a través de 6 paneis informativos (traducidos ao español pola Rede), acompañados de fotografías, as situacións nas que o pobo xudeu ten e tivo que afrontar as diferentes casuísticas para emprender unha viaxe.
A Biblioteca Nacional de Israel (NLI), fundada en Xerusalén en 1892, ten un dobre mandato distintivo, que serve de biblioteca nacional tanto para o Estado de Israel como para o pobo xudeu de todo o mundo. Os seus extensos fondos conteñen unha gran cantidade de material en diversos formatos, que contan a historia e traxectoria cultural e intelectual do pobo xudeu, do Estado de Israel e da Terra de Israel ao longo dos séculos.
O concelleiro de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, agradece á Red de Juderías de España a cesión desta mostra que se pode visitar até o 26 de marzo na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) na rúa Colón, 2.