domingo. 24.11.2024

A concellería de

Mocidade que dirixe Miguel Bouzó informa dunha nova actividade do Venres polo

planeta que, con motivo da festividade do día da Constitución, múdase ao xoves

día 5.

Nesta ocasión todas e todos os que o desexen poderán continuar a limpeza

do monte de Prado de 16 a 18 horas. O punto de encontro será a igrexa de San

Nicolao de Prado e todas e todos os interesados tan só deberán confirmar a súa

asistencia no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico

[email protected]

Co obxectivo de concienciar e seguindo as liñas marcadas na estratexia de

crecemento “Ponteareas, Hábitat Saudable” a iniciativa Venres polo planeta

busca cambiar o futuro indo máis aló das palabras e deseñando actuacións

participativas.

'Venres polo planeta' trasládase, nesta ocasión, ao xoves día 5 para actuar no monte de...