O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19. O concello de Tui financia e pon en marcha esta nova ferramenta coa que adaptarse aos novos tempos e aos novos hábitos de consumo e apostado pola profesionalización e a competitividade.
Trátase dunha
aposta pola dixitalización nun novo escenario no que debido á pandemia do
coronavirus se produciron cambios nos hábitos de compra dos consumidores. Con
esta nova plataforma o produto local estará a un clic do consumidor que recibirá
no seu domicilio a compra que poderá realizar dende unha mesma plataforma independentemente do tipo de produto ou
comercio que o teña a disposición.
Entre as
características deste servizo web está o seu carácter local e social.
A Plataforma terá
un mercado carácter local dunha banda porque serán os comercios tudenses os que
a integren, e porque está desenvolvida por un emprededor local. Esta aplicación
de venda online integrada polos establecementos tudenses prestará servizo a
nivel local, pero en función da demanda poderá chegar a enviar os produtos a
calquera punto do territorio nacional ou internacional.
O carácter social
vén dado pola aportación que se realizará a causas sociais, destinando a este
fin unha pequena parte das vendas xeradas, o que se traducirá nunha economía
circular. Mensualmente se informará das
aportacións realizadas e das causas cubertas.
A través deste
novo espazo comercial virtual un cliente poderá mercar a través do móbil, a tablet
ou o ordenador, produtos de alimentación, roupa, menaxe, ferretería… e
recibilos nun mesmo envío ou en varios en función da disponibilidade do produto
nese momento. Para a entrega a domicilio porase en marcha un sistema de loxística
local que prestará o servizo. O pago realizarase, a través dun sistema seguro,
na mesma plataforma.
Proximamente
darase a coñecer o sistema para que os establecementos interesados en formar
parte desta plataforma de venda on line soliciten a súa alta no mesmo.