jueves. 21.11.2024

O Concello de Tui celebra o Día Mundial de Medio Ambiente, que ten lugar mañá 5 de xuño,  cun programa de actividades que comezou hoxe venres e se vai desenvolver até o sábado 19 deste mes.  No mesmo colaboran as concellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Educación.

Por unha parte nos colexios do municipio realízase o obradoiro escolar 'Xardín Infinito'  consistente en construír un sistema illado simulando un ecosistema en miniatura para observar o proceso da fotosíntese, respiración e ciclos da auga.

Este mediodía na Radio Municipal de Tui tivo lugar un programa especial, de hora e media de duración, no que participaron a mestra composteira, Sara Luque, o mestre composteiro en prácticas Pablo Vidal, o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, e diversos expertos en medio ambiente. Tamén levaron a cabo un concurso no que os oíntes tiñan que adiviñar a que paxaro correspondía o son que se reproducía.

O próximo venres, 11 de xuño, ás 16.30 h na Sala Municipal de Exposicións será inaugurada a mostra “Adaptación: a outra cara do cambio climático” do Centro Nacional de Educación Ambiental, CENEAM.  Ás 17 h no anexo desta sala haberá unha obra de teatro de monicreques para público infantil. Títeres en Tu casa representará “Operación Plancton” na que un biólogo mariño e o seu axudante investigan coma afectan os plásticos no mar aos animais mariños.

“Enerxía e Clima” é o título das seguintes actividades previstas tamén na Sala Municipal de Exposicións dende ás 19 h.  Así está prevista a charla obradoiro “Impactos do modelo enerxético. Factura Eléctrica” e proxectarase o documental “We the power” sobre o movemento comunitario enerxético liderado por cidadáns en Europa.

O sábado, 19 de xuño, de 11 a 14 h está prevista a actividade “O monte en man común, xestión forestal e legado histórico” na Sala Municipal de Exposición.  Comezará ás 11 h coa proxección do documental “En todas as mans” e ás 13 h coa charla-debate sobre as comunidades de montes e xestións dos recursos forestais coa intervención de persoas e entidades que participaron no documental xunto a representantes de comunidade de montes e persoas ligadas á xestión forestal.

Amais o Concello de Tui está a traballar coa Sociedade Galega de Historia Natural nun proxecto para pór en valor o patrimonio natural e etnográfico da nosa contorna realizando diversas actividades coma o proxecto de restauración ecolóxica dun ecosistema degrado.

Tui celebra o Día do Medio ambiente cun proxecto de restauración ecolóxica dun...