A música protagoniza a segunda xornada das festas de San Telmo en Tui, declaradas de Interese Turístico Galego.
O grupo Treixadura estará en concerto no Espazo Feiral a partir das 20 h dentro da Xira Treixadura 2023. No mesmo revisarán a súa discografía, prestando especial atención ao seu último disco Camiño longo, no que recuperan as melodías dos inicios do interpretando os temas emblemáticos destas tres décadas de carreira musical.
Previamente ás 17 h no Teatro Municipal de Tui celébrase o Festival Folclórico coa participación dos grupos San Telmo (Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), e Santa Columba (Ribadelouro). A entrada é libre.
Na carpa da Corredoira actuará ás 12.30 h a Banda de Música Popular de Tui e ás 18 h a Municipal de Silleda. Neste mesmo lugar a partir 21.30 h será a quenda dos grupos tudenses Amnesia e Ola de Calor. Amnesia xurdiu hai tres anos, e está conformada por Iris Abril, Aroa Pérez, Nico Martínez, María Gomes e Sara Alonso. A súa música leva ao público aos 80 e 90 con versións internacionais, como de Beggin’, Come as you are ou Sweet dreams. Pola súa banda, Ola de Calor está formada por Clara Pereira, Javier Ripplinger, Bruno Vázquez e Pablo Garea, unidos por unha casualidade no ano 2022, e que hoxe seguen dando concertos de rock e indie, con versións tanto en inglés como en español.
A música inundará tamén as rúas de Tui coa actuación da charanga A Tu Ritmo entre ás 19.30 h e ás 21.30 h.
II Encontro de Viños da Raia
Amais na praza da Inmaculada de 12 a 15 h e de 19 a 22 h prosegue o II Encontro de Viños da Raia coa participación de Adega Corisca, de Tui; Adega do Vimbio, de Tomiño; Adega Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Adega Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço, Adega María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote Viticultor de O Rosal. Amais ás 12.00 h haberá un Showcooking a cargo de Rafa Centeno, Estrella Michelin do restaurante Maruja Limón no interior do edificio na Praza da Inmaculada e ás 19 h unha cata comentada polo sumiller Adrián Guerra. Para estas dúas actividades paralelas é preciso inscrición na Oficina de Turismo.
Domingo, 9 de abril
- 12.00h - Na praza da Inmaculada II Encontro de Viños da Raia
- 12.30h – 13.30h Na Carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui
- 17.00h – 20.00h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. Entrada libre até completar capacidade
- Participan os grupos San Telmo(Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), e Santa Columba (Ribadelouro)
- 18.00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación da Banda de Música Municipal de Silleda.
- 19.30h – 21.30h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 20.00h – 21.30h No Espazo Feiral, actuación de Treixadura.
- 21.30h – 23.00h Na Carpa da Corredoira, actuación dos grupos tudenses Amnesia e Ola de Calor.