viernes. 22.11.2024

Mañá mércores, 20 de abril, o circo, o teatro e a música son as propostas nas festas de San Telmo.

O Teatro Municipal acollerá a partir das 21 h  a segunda das representación da XII Semana de Teatro Amador. Mañá será a quenda do grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis que estreará “Spot”, unha comedia que recolle unha serie de sketches cómicos e satíricos sobre a influencia da publicidade nas nosas vidas. Once actores e actrices dan a vida a esta obra de Carles Alberola e Roberto García dirixida por Bego Míguez. As entrada están á venda en www.tui.gal até mañá ás 18 h ao prezo de 2€, e mañá dende ás 20 h poderanse mercar presencialmente, as entradas sen numerar, no despacho de billetes.

Previamente ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira a compañía Assircópata presenta o espectáculo de circo “Abracadaver”. Dani Blanco presenta un espectáculo con números de circo, malabares, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas.

A música chegará mañá á Residencia Paz e Ben coa actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.

Mércores 20

  • 17.00 h – 17.30h Na Residencia Paz e Ben, actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.
  • 18.00 h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de circo “Abracadaver” coa Cia Assircopatas.
  • 21.00 h – 22:30h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis. Estrea de “Spot”

Teatro e música, as propostas nas festas de San Telmo