jueves. 21.11.2024

Reivindicar o potencial dos viños elaborados dunha e doutra beira do Miño

A cita desenvolverase na praza da Inmaculada, a carón do céntrico Paseo da Corredoira, coa participación de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. Os seus viños brancos, tintos  e espumosos, por copa ou botella, poderán degustarse tanto o sábado coma o domingo de 12 a 15 h e de 18 a 21h. 
Encontro Viños da Raia.
Encontro Viños da Raia.

Reivindicar o potencial dos viños elaborados dunha e doutra beira do Miño é o obxectivo do I Encontro de Viños da Raia que esta fin de semana se vai celebrar en Tui. Esta iniciativa, organizada polo Concello, é unha das novidades que incorpora este ano a programación das Festas de San Telmo.

A cita desenvolverase na praza da Inmaculada, a carón do céntrico Paseo da Corredoira, coa participación de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño. Os seus viños brancos, tintos  e espumosos, por copa ou botella, poderán degustarse tanto o sábado coma o domingo de 12 a 15 h e de 18 a 21h. 

Este I Encontro de Viños da Raia contará cunha coidada decoración que converterá a praza da Inmaculada nunha terraza ao aire libre na que gozar de viños de autor, con personalidade propia e froito do mimo e coidado dos seus produtores, que non deixan de formarse e innovar para sorprender cos seus cos seus produtos.

Para este encontro editouse unha copa conmemorativa serigrafiada coa imaxe deste evento, que se poderá adquirir ao prezo de 2,5€, no posto da organización na propia praza da Inmaculada. Unha vez degustado o viño se o consumidor o desexa pode devolvela e recuperar o prezo aboado.  O viño das adegas participantes poderá consumirse a prezos populares dende 2€ a copa e 10€ a botella.

Tanto o sábado coma o domingo a partir das 19 h no interior dos antigos xulgados a destacada sumiller tudense Marina Cruces, guiará ás persoas  presentes a través dos viños das adegas participantes nunha maridaxe de música e viño. Para participar será preciso inscrición previa de entrada, cun prezo de 2€, no posto da organización, na mesma praza da Inmaculada, o mesmo día en que se desexa asistir.

Ao longo da fin de semana na mesma praza da Inmaculada poderanse gozar de distintas actividades ao aire libre, dentro da programación das Festas de San Telmo.

Reivindicar o potencial dos viños elaborados dunha e doutra beira do Miño