viernes. 22.11.2024

Salvaterra volta á normalidade e as súas tradicións e festexos e este ano recupera a súa festividade do Entroido xa de xeito completo para a ledicia de todos os veciños e veciñas, adultos e cativos…

A partires do venres 17 de febreiro e ata o sábado 25, levarase a cabo a programación do Entroido e do tradicional Enterro da Lamprea.

O venres 17, ás 10.30 horas, será o Desfile de Entroido dos Centros Educativos de Salvaterra, dende a Praza do Concello ata o Auditorio do Parque Público A Canuda.

O martes 21 a partires das 19.30 terá lugar no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra o Festival Infantil de Entroido, con música, chocolate e rosca para tod@s!

E xa para por o broche de ouro a este festexo tan tradicional no noso pobo, o sábado 25 de febreiro ás 17.00 do  enterro da defunta Lamprea, onde se pode participar formando parte da comitiva do enterro.

Diversión e risas aseguradas este Entroido en Salvaterra de Miño.

Salvaterra recupera a súa festividade do Entroido
Comentarios