viernes. 22.11.2024
díptico plegado a5 Festa do viño espumoso 2022 cara B

A Festa dos Espumosos da DO Rías Baixas en Salvaterra ten outra dimensión nesta oitava edición. A carpa, situada no recinto amurallado, este ano terá 1.700 metros cadrados. Ampliación que manifesta o éxito que está tendo esta cita anual.

Os visitantes poderán degustar 20 espumosos distintos pertencentes a 10 adegas da DO Rías Baixas. Viños espumosos harmonizados con produtos da terra e do mar (marisco, empanada, xamón...). A harmonía tamén chega á cultura coa posibilidade de desfrutar de actuacións musicais en directo...

1.700 metros cadrados de carpa para celebrar a Festa.
1.700 metros cadrados de carpa para celebrar a Festa.

Segundo a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, as festas no seu municipio distínguese pola “comodidade”: sempre hai mesas e cadeiras para sentarse e tranquilamente degustar os produtos.  

O sábado, despois do coloquio vaise falar do primeiro espumoso, de 2011, dunha adega da subzona do Condado do Tea, Adega cooperativa Eidosela, e haberá unha degustación para o público asistente.

No interior todo preparado para montar as enormes mesas que dan comodidade ao público asistente.
No interior todo preparado para montar as enormes mesas que dan comodidade ao público asistente.

Salvaterra espera centos de visitantes esta fin de semana. A festa do Viño espumoso pretende ofrecer os nosos espumosos á venda para degustar alí e mercar para as próximas datas de Nadal, así como desestacionalizar o consumo dos espumantes a outras épocas do ano e convertelos en bebida con outro tipo de pratos, non só coa docería.

3

O capítulo da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos achegará tamén un brillo especial a esta festa e van ser nomeados novos confrades baixo o Gran Mestre, Antonio Alén. Todo un espectáculo ver os confrades ataviados cos seus mandilóns de toneleiros e brindando con espumosos da DO Rías Baixas.

4
4

Ademais, Salvaterra ofrece interesantes visitas, como ao Parque Público de A Canuda, o Complexo termal de Teáns-Oleiros, a posibilidade de coller unha bicicleta en préstamo gratuito y percorrer os sendeiros, a visita ao Museo da Ciencia do Viño...

Salvaterra harmoniza viños espumosos, produtos da Terra e do Mar con Cultura esta fin...
Comentarios