O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo entrega onte dos primeiros carnés que acreditan a guías oficiais do programa Rasgo da Red de Juderías. Sara Quintana, Lucía Campos, Suso Vila e Ramón Fernández, recibiron, nun sinxelo acto, da man do alcalde as catro primeiras acreditacións do programa RASGO que promove a Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.
O programa RASGO, acrónimo de Restaurantes, Alojamientos, Señalización, Guías turísticos e Oferta cultural de cada cidade da Red, e distingue aos establecementos e servizos que contan co aval da propia Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad. Deste xeito, nas cidades da Red de Juderías, unha selección dos máis destacados establecementos -aloxamentos, restaurantes e comercios- e servicios turísticos -guías oficiais de turismo, empresas de actividades e eventos- forman parte do programa RASGO, ofertando unha proposta de servicio de alta calidade e sempre relacionada coa cultura sefardí.
Coa entrega dos carnés do programa RASGO para guías que acredita a catro persoas como “Guía oficial da Red de Juderias na cidade de Tui”, avalado pola Red de Juderias – Caminos de Sefarad, comeza a implantación deste programa no Concello de Tui e que pretende abranguer tamén a establecementos e outros servizos que contemplan algunha especificidade vinculada ao ámbito da cultura xudía e sefardí, para deste xeito mellora a oferta cultural e turística da nosa cidade.
O Concello de Tui forma parte da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad dende o ano 2019 co obxectivo de promover e divulgar o patrimonio cultural vinculado coa presenza de comunidade xudías e cripto-xudías na nosa cidade, ao tempo que enriquece a súa oferta turística. Este distintivo Rasgo acredita a calidade e distingue, neste caso aos guías, que se distinguen polo coñecemento e respecto á herdanza sefardí e garanten unha atención de calidade ao desenvolver os seus servizos.
Dende a Red de Juderías – Caminos de Sefarad lembráse que está a disposición dos guías turísticos e todos os interesados unha oferta formativa integrada por catro cursos xenéricos e un específico para cada cidade, tamén para Tui, con acceso on-line. “Coñecendo a cultura xudía”, “A historia xudía de España” e “Sefardís de onte e de hoxe”, son os nomes do tres cursos de 30h cada un, que contaron coa colaboración e participación de eminentes expertos na materia, o Rabino do Colexio xudeu de Madrid D. Pihas Punturelo, o catedrático emérito e Membro da de Real Academia de Historia e experto en historia medieval, D. José Hinojosa Montalvo e D. Miguel de Lucas, Director do Centro Sefarad Israel, que achegan ao final de cada un dos cursos a súa valiosa visión da materia tratada. Se completa cun curso específico sobre o patrimonio xudeu da cidade de Tui
Estes cursos están dispoñibles para o colectivo de Guías, neste caso con carácter gratuíto, e que unha vez completados dan acceso a ser Guía Oficial da Rede de Xudarías de España. Pero esta oferta formativa se abre tamén a todo aquel que poida estar interesado en coñecer a historia e cultura xudía en España. Os interesados deben contactar a través do mail [email protected] desde onde se informará das condicións establecidas para participar nesta oferta formativa.
Para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a entrega destes carnés de guías oficias da Red de Juderías en Tui forma parte do esforzo que ven realizando o Concello de Tui, coa súa entrada na Red de Juderías, para a promoción do legado xudeu na nosa cidade que enriquece a ampla oferta cultural, patrimonial e turística tudense, que consolida á cidade de Tui como unha visita obrigada para coñecer o seu rico patrimonio e a súa ampla oferta turística.