O Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas é o vindeiro luns 11 de xaneiro. Na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, a partir das 18.30 horas, procederase ao nomeamento da persoa usuaria de honra na categoría infantil e adulto.
A concellaría de Cultura agasallará un lote de libros ás persoas usuarias con máis préstamos no ano 2020. Ademais, realizarase unha visita guiada á Biblioteca e ao Museo Municipal. Tamén se agasallarán marcapáxinas a todos os/as asistentes.
Fernando Groba explica a importancia de promover os servizos públicos, como a Biblioteca Pública Municipal, que son de todas e de todos e, en especial, a Biblioteca porque é un espazo que, ademais de facilitar o acceso á cultura, ofrece a posibilidade de estudar nun ambiente tranquilo, seguro e confortable.
A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas ten un fondo bibliográfico de 23.078 libros, un total de 4.424 socios/socias e no 2020 tivo un total de 17.800 usuarios/as e ofrece ademais unha sala de ordenadores con conexión segura á rede.