Co obxectivo de contribuir na protección e coidado do medio ambiente, a concelleira Rosa Covelo anima a toda a veciñanza a participar na XIII Limpeza simultánea do río 'Móllate polos ríos' que terá lugar este domingo 27 de ás 09:30 horas na praia da Freixa.
Coordinada en Ponteareas pola plataforma Defendendo o Tea en colaboración coa Organizada en colaboración conn Adega e o Proxecto Ríos está aberta a toda a cidadanía e non fai falta inscribirse, tan só levar luvas, botas de auga e impermeable.
Os e as interesadas en obter maior información poden chamar ao número de teléfono 696 65 50 89.
A concelleira de Medio Ambiente Rosa Covelo insiste na importancia de implicar a toda a cidadanía para que sintan o patrimonio natural como un ben seu. Móllate polos Ríos comezará a xornada na praia da Freixa.
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A XIII Limpeza Simultánea 'Móllate polos ríos' celébrase este ano en 49 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 58 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados e outros son grupos participantes no Proxecto Ríos. Tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta duodécima edición. A limpeza será o 27 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 49 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas máscaras co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/ onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e colaboradoras.
Respectaranse tamén as indicacións pertinentes en relación á situación de pandemia provocada pola COVID-19 dependendo da situación sanitaria de cada zona. Dende o Proxecto Ríos recoméndase que os grupos sexan de 10 persoas como máximo e se respecte sempre que sexa posible unha distancia de 1,5 m. O uso de máscara será de obrigatorio para todas as persoas participantes. Cada persoa voluntaria deberá levar as súas propias luvas