viernes. 22.11.2024

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre o plan presentado para a construcción da nova Biblioteca de Estado na rúa Lalín.

Así, o departamento autonómico responde ao documento achegado pola Administración local no que se remite o proxecto denominado “Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a localización da Biblioteca Pública do Estado en Vigo”. Dito documento foi aprobado inicialmente polo Goberno local na súa sesión do pasado mes de abril, polo que a Xunta responde en prazo á petición.

A autorización de Patrimonio Cultural sinala que o ámbito que abrangue as dúas parcelas municipais, cunha superficie total de 6.578 metros, contará cunha zona dotacional e unha zona verde. “Non consta no ámbito do PERI a existencia de ningún ben do patrimonio cultural de Galicia”, sinala a Dirección Xeral.

Ademais, tamén apunta que “non existe ningún elemento catalogado no ámbito e non se identifican no ámbito bens ou elementos que deban ser protexidos polo seu valor patrimonial”.  

Patrimonio Cultural autoriza o plan especial do concello de Vigo para construír a...
Comentarios