Concertos e actuacións de bandas de músicas
A carpa do Paseo da Corredoira acollerá mañá sábado ás 21.30 h a actuación de Laura LaMontagne & Pico Amperio xunto a Dj Enter, G Face e Dj Adrián L, e o domingo ás 22.30h o concerto de Lucky Duckies. Tamén aquí terá lugar o espectáculo musical “Vaia Ritmo” de Odaiko ( sábado ás 18h) e os concertos da Banda de Música Municipal de Monçao (domingo ás 12.30 h), da Banda de Música Popular de Tui (domingo ás 18 h), da Banda de Música de Lanhelas (luns ás 12.30 h) e da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín (luns ás 18 h).
Aprazado debido á choiva o concerto da Banda de Gaitas de Paramos
Por outra parte cómpre sinalar que o concerto que a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que recentemente participou no desfile do Día de San Patricio en Nova York, debido á previsión de choiva para mañá á noite foi aprazado. Tanto dende o Concello coma dende a Banda de Gaitas apóstase por facer un concerto ao aire libre, polo que se anunciará proximamente a nova data e emprazamento no que terá lugar.
Música nas rúas e verbenas
A música estará moi presente tamén esta fin de semana nas rúas tudenses coa actuación da banda de gaitas Arume de Malvas (sábado ás 13 h), e as charangas A Tu Ritmo (sábado ás 12 h e ás 20 h e luns ás 17 h) e Cantos Somos (domingo ás 20 h. Pero chegan tamén os espectáculos de rúa “Super Pandi” de Hípica Celta ( sábado ás 17 e ás 19 h); “Circo Krasnovarak” (domingo ás 17 e ás 19h) e “Rufina&Benito” (luns ás 17 e ás 19 h) de Troula Animación.
As orquestras Capitol (sábado) e Los Players (domingo) amenizarán as verbenas na rúa Compostela, onde foi instalada unha carpa. E o luns será Paris Noia, no recito feiral, a encargada da verbena do día grande das festas.
Carreira, andaina e Feira Cabalar entre a oferta deportiva
Preto de 650 persoas de todas as idades van participar mañá sábado, dende ás 11 h na Carreira Popular e Solidaria de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui en colaboración do concello. A liña de saída e de meta estará situada no Paseo da Corredoira entorno ao que estará o circuíto das distintas categorías que irá dende o 5 quilómetros para a carreira absoluta aos 100 metros para os pitufos.
Mentres o domingo ás 10 h sairá da praza da Inmaculada a Andaina de San Telmo guiada polo club Andatui Rego da Pedra para realizar un percorrido de 7 quilómetros por un tramo do Camiño Portugués, e as parroquias de Rebordáns e Pazos de Reis regresando ao punto de partida.
A Feira Cabalar da este ano un importante salto cualitativo tanto por ampliar a súa duración a dúas xornadas, domingo e luns, coma por incrementar a superficie do recinto no barrio de San Bartolomeu, coma polas atractivas actividades previstas nas que destaca o espectáculo internacional a cargo de Miron Bococi con doma en liberdade, acrobacias e doma vaqueira (domingo ás 18.30 h e o luns ás 13 h). Amais celebrarase o I Concurso de Salto Memorial Luís Pimentel (luns ás 13.30 h), concurso exhibición de enganche (domingo ás 16 h), haberá partidos de baloncesto a cabalo (domingo ás 11 h), poni club, e premios para o mellor xinete, amazona, cabalo, poni,… sen esquecer a feira de compra venda de gando cabalar dende primeira hora do luns. Un evento que durante a fin de semana reunirá a miles de persoas afeccionadas ao cabalo. Xunto co concello participan na organización a Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu, Hípica Marcos, Equigalia e a Peña Cabalar Val do Louro.
Desfile do traxe tradicional
Este ano na programación festiva volve tamén o Desfile do Traxe tradicional que recupera o seu percorrido inicial dende a Glorieta de Vigo até a praza de San Fernando, con posterior ofrenda na Catedral. No mesmo participarán persoas ataviadas co traxe tradicional tanto de Tui coma doutros puntos de Galicia e do norte de Portugal.
Recuperación da misa medieval de San Telmo
A misa medieval de San Telmo volverá a soar esta fin de semana cunha viaxe musical ao medievo da man do grupo Seconda Pratica e nunha iniciativa promovida dende o Festival Música no Claustro. O aforo na Catedral está limitado a 300 persoas e non se poderá nin entrar nin saír unha vez comezado o concerto ás 17.30 h.
Xa o luns ás 10.30 h terá lugar a misa na honra a San Telmo na Catedral coa procesión pola coronilla, e ás 21 h sairá a solemne procesión de San Telmo.
Espectáculo piromusical para pechar as festas
Coma fin de festa o luns ás 23.30 h dende a Alameda de San Domingos terá lugar unha tirada de fogos piromusicais, con menor intensidade sonora e acompañados de música. Debido a esta tirada estableceuse un Plan de Seguridade e Emerxencia no que se recolle unha zona de seguridade que estará debidamente delimitada non podendo acceder á mesma o público.
Últimos días da Festa do Meixón
A gastronomía está tamén presente estes días coa Festa do Meixón que até o luns continúa en cinco restaurantes tudenses: Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e Parador de Tui. Previa reserva pódese degustarse este prezado produto a un prezo de 69€ a ración.
Exposición de “Artistas Tudenses”, fotográfica da Camelia, e de Exin Castillos
Tres son as exposicións que esta fin de semana se poden visitar en Tui.
Na Sala Municipal, no edificio Francisco Sánchez exponse a obra dunha trintena de artistas tudenses en escultura, pintura e fotografía datas entre o século XVIII e o XXI. Silverio Rivas, Xosé Luís de Dios, Juan Vázquez, Romer, Rai, Moise Diffok, Clara Torres, Luis Coello, Escuder, Martín Rodríguez, Rosa Vila, Nuria Buján, Beatriz Iglesias Almeida, Juan Valcárcel, Ricardo Padín e o seu fillo Eduardo, Benito Prieto Coussent, os irmáns Gonzalo e Jaime González Besada, “María Tydeska”, Santos Salvado, Pedro Varela, Rosendo Bugarín, Gonzalo Gutiérrez, Juan Vila ou Gus Abreu, son algúns dos autores e autoras das obras expostas.
A mostra abrirá mañá sábado, domingo e luns de 12 a 14 h e de 17 a 21h. No mesmo horario no Anexo desta Sala pode visitarse a “Mostra Fotográfica da Camelia” organizada por ATUCA.
Mentres na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira, está a exposición “Galicia con Exin Castillos” na que se exhiben dúas reproducións da Catedral, xunto a castelos, un taboleiro de xadrez/damas ou un hórreo. Neste caso o horario de visita é de 9.30 a 14.00 h e de 16 a 19 h.
Tui - San Telmo
Sábado 23
- 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
- 12.00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 13.00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.
- 17.00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
- 18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.
- 19.00h – 19.30h Na corredoira, pasarrúas Súper Pandi de Hípica Celta.
- 20.00h – 22.00h Nas Rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
- 21.30h – 01.30h Na carpa da Corredoira, actuacións de Laura LaMontagne & PicoAmperio + Dj Enter + G Face + Dj Adrian L.
- 22.00h – 23.00h APRAZADO DEBIDO Á CHOIVA Na praza de San Fernando, concerto da Banda de Gaitas “San Xoan” de Paramos.
- 22.00h – 01.00h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Capitol.
Domingo 24
- 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
- 12.15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
- 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
- 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
- 17.30h – 18.30 h Na S.I. Catedral de Tui, Música no Claustro recupera a Misa medieval de San Telmo. Concerto de Seconda Pratica (canto gregoriano ) Entrada libre até completar capacidade.
- 18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui.
- 19.00h – 19.30h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.
- 20.00h – 22.00h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga Cantos Somos.
- 20.30h – 22.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
- 22.30h – 00.30h Na carpa da Corredoira, actuación do grupo Lucky Duckies.
- 00.30h – 01.30h Na rúa Compostela, verbena coa Orquestra Los Players.
Luns 25
- 10.00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
- 10.30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
- 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
- 17.00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.
- 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
- 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.
- 19.00h – 20.00 h Dende a praza da Inmaculada ata a praza de San Telmo, entrada da Banda de Guerra e Guión da BRILAT e a continuación, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
- 19.00h – 21.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
- 19.00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
- 21.00h – 22.15h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo.
- 22.15h – 22.45h Na praza de San Fernando a ofrenda a San Telmo.
- 22:45h – 23.15h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupación musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
- 23.30h – 00.00h dende a alameda de San Domingos tirada de Fogos Piromusicais.
- 00.00h – 01.00h No recinto feiral, na explanada do antigo Cam-Fran, verbena coa Orquestra París de Noia.
Feira Cabalar – Programa
- Domingo 24
- Ás 11.00 h Partido de Horseball
- Ás 12.00 h Poni club
- Ás 16.00 h Exhibición Concurso de Enganches
- Ás 18.30 h Espectáculo Miron Bococi Free Sytle Horse Show
- Luns 25
- Ás 9.00 h apertura da Feira. Compra e venda de gando cabalar
- Ás 10.30 h I Concurso de Salto Memorial Luís Pimentel
- Ás 12.00 Entrega de Trofeos Premios Mellor xinete, amazona, cabalo e poni. Premio Tratando con máis cabezas, burros, ponis e cabalos
- Ás 13.00 h Espectáculo Miron Bococi Free Sytle Horse Show