Dado que nos atopamos en Semana Santa, datas nas que os cativos interromperán por uns días as súas tarefas escolares, e que o Concello de Mos está a emprender diferentes programas on line en redes sociais de lecer dirixidos a diferentes públicos para tratar de facer máis levadeira a situación de confinamento polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19, os/as nenos/as de Mos non podían ser menos. E hoxe presentouse a nova iniciativa municipal: "AnimaMOS nas redes", de animación e lecer infantil, que comezará o vindeiro Domingo de Pascua, día 12 de abril.
Os contidos de entretemento para os/as pequenos/as poderán visualizarse todos os mércores e domingos no Facebook e na páxina web municipal do Concello de Mos, www.mos.es
Entre ditos contidos haberá desde música, ata maxia, manualidades,
xogos, cociña..., etc.
Para a creación dos devanditos contidos o Concello de Mos contará coa
colaboración, entre outros, de Uxía Lambona, o Mago Marco, As Maimiñas,
XQuatro, Carcajadas Animación, Animarte, Activalede,
Diverti-MOS. E moitos outros colaboradores/as.
O infantil é o sector da poboación que máis está a achacar as
circunstancias de encerro, porque os/as cativos/as na meirande parte dos casos
non comprenden a situación de confinamento e surxen reaccións de frustación,
tristura, enfados, rabietas... Por iso desde o Concello de Mos surxiu esta
iniciativa, unha idea que nace coa vontade de volcarse nos máis pequenos e
facerlles que o día a día sexa o máis ameno posible; así como apoiar ás
familias e axudarlles aos seus pais nestes intres nos que se fai máis complicado
aínda concienciar a vida familiar e laboral por mor da situación de
confinamento.