O Concello do Porriño convoca a primeira
edición do concurso de carteis do que sairá o que servirá para anunciar o
Entroido 2020. O prazo de presentación de deseños rematará ó 10 de febrero ás
20 horas.
Poderán participar todos cantos queiran con
plena liberdade de técnica sempre que non presente dificultade para súa
posterior reprodución litográfica.
O tema referirase o Entroido, e sempre en
lingua galega. Os participantes entregarán un CD onde aparecerá o cartel en
formato jpg, formato A3, 300ppp (puntos por pulgada) 3508x4960 píxeles, no
Rexistro de entrada do Concello.
No cartel aparecerá o seguinte texto:
“ENTROIDO NO PORRIÑO Dende 22 o 26 de febreiro 2020 Concellería de Festexos-
Concello do Porriño”
O xurado estará presidido por Cami Moreira, concelleira
de Festexos e integrado por 3 membros relacionados co mundo das artes.
O deseño gañador terá un premio en metálico de
600 euros. Haberá tamén un accésit de 500 euros.
O cartel gañador quedará en propiedade do Concello
do Porriño que terá todos os dereitos e explotación do mesmo.
A convocatoria pódese consultar la páxina web do departamento de Cultura do Concello do Porriño (www.ecultura.net)
Publicadas
as bases para as Comparsas
A partir do 3 de febreiro abre o prazo de
inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2020 que pechará o día 18
incluído.
O importe total de premios a repartir será de
13.950 euros entre comparsas infantis e de adultos. O importe dos premios se
determinará segundo o número de compoñentes da comparsa.
Segundo as bases da convocatoria que xa están publicadas na web do departamento de Cultura (www.ecultura.net) a orde de participación nos desfiles será por orde inscrición
As comparsas que aspiren ós premios de
participación teñen a obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do
Sábado e Martes de Entroido, e no acompañamento do Enterro da Sardiña no
Mércores de Cinza. Os percorridos de cada desfile tamén aparecen detallados na
convocatoria.