Rodrigo Novoa, veciño da parroquia de Barcela- Arbo, recibía o pasado 26 de abril, na I Gala I Gala de Calidade Turística no destino SICTED Condado Paradanta, o primeiro e segundo premio na categoría foto diurna e o premio a “Mellor foto do ano 2020” do II Concurso fotográfico do Condado Paradanta, con temas do municipio de Arbo.
Rodrigo Novoa, veciño de Arbo, é un aficionado a fotográfia e colaborador do Concello de Arbo, realizando fotos polo municipio arbense para dar a coñecer as belezas que esta vila fronteiriza con Portugal ofrece ao visitantes.
As súas tres fotografías premiadas foron tomadas dende o Mirador de San Fins en Arbo, un lugar ideal dende donde se pode ver todo o municipio e parte da comarca.
"Sempre me gustou as fotografía, presenteime o concurso animado por uns amigos e tamén para mostrar con orgullo o meu pobo – afirma o gañador – Rodri Novoa – Gañar foi algo que non me esperaba e agradezo a todos e todas as que me votaron e conseguiron que acadase estos tres premios".
Rodrigo recibía o premio a mellor fotografía 2020, de mans de Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo e o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
"É un orgullo como alcalde que tres fotos de Arbo foran as gañadoras e que o premio recaise sobre Rodri, un veciño arbense, que ademáis é colaborador do Concello de Arbo", manifesta o alcalde Horacio Gil.
"Para o Concello e os arbenses é unha ledicia ver como a xuventude, mostra interese por ensinar o lugar tan fermoso no que temos o pracer de virvir", remata o rexedor Horacio Gil.
Rodrigo Novoa tamén colaborou este ano con fotografías e un artigo no libro que cada ano edita o Concello de Arbo, co gallo da Festa da Lamprea.