O Concello de Ponteareas, segundo informa a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, asinou con Cáritas un convenio de colaboración para a xestión de residuos téxtiles. Grazas a este convenio colocaranse varios colectores na rúa para a recollida de roupa e materiais téxtiles que serán xestionados posteriormente pola empresa á que Cáritas encarga éste servizo “Servicios Comerciales de Inserción Laboral”, entidade que ten como obxectivo a creación de postos de traballo de inserción socio-laboral mediante a correcta xestión de residuo téxtil.
Nunha primeira fase instalanse colectores textiles na Avda. de Galicia, Avda. Castelao e Rúa Redondela no núcleo urbano e nas parroquias de Santiago de Oliveira, Bugarín, Guillade, Areas, Moreira, ademais de no Punto Limpo.
Ésta acción enmarcase nos obxectivos da estratexia de cambio “Ponteareas hábitat saudable”, “temos que evitar que a maioría dos residuos textiles acaben nos vertedoiros e traballar na liña marcada pola Unión Europea para establecer unha recollida separada para os residuos téxtiles ao máis tardar o 1 de xaneiro de 2025”, indicou a concelleira nacionalista
Poderá depositarse roupa e calzado en bo estado dentro de bolsas pechadas e non moi voluminosas.