Aproxímase a data do prato forte da
programación navideña organizada polo Concello de Mos, a Festa Pre Fin de Ano, que terá lugar o luns 30 de decembro a partir
das 23.00 horas no Pazo de Mos.
A cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, Andrea
Pousa, será a
encargada de presentar as badaladas que, por suposto, contarán coas
tradicionais 12 uvas de Fin de Ano para todos os asistentes. O Concello
repartirá preto de 200 quilos de uvas para que todo o mundo poida cumprir coa
tradición.
Tras as badaladas e as uvas chegará a
actuación da Orquestra La Fórmula, que presentará o seu mellor espetáculo dos
últimos anos, titulado “La magia existe”.
Nos exteriores do Pazo de Mos haberá
instalada unha gran carpa para este evento festivo.
Desde o Concello de Mos espérase
repetir o éxito da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano, á que asistiron
preto de 3.000 persoas.