O Concello de Ponteareas celebra o vindeiro martes, 10 de xaneiro, o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. A partir das 18.30 horas a Biblioteca Municipal acollerá o nomeamento das persoas usuarias na categoría infantil e adulto.
A concellería de Cultura agasallará un lote de libros ás e aos usuarios con máis préstamos en 2022 e todos estes ‘superlectores’ e ‘superlectoras’ poderán retirar en préstamo un maior número de obras ao longo do presente ano. Pero as sorpresas non rematan aquí, todas as persoas asistentes ao acto serán nomeadas socias de honra e recibirán un marcapáxinas como agasallo.
Segundo asegura o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, “o obxectivo desta celebración é fomentar a lectura entre a cidadanía e convidar a todos os veciños e veciñas a que se acheguen á biblioteca e coñezan todos os seus servizos e actividades”.
A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ao público en xeral.