jueves. 21.11.2024

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, acaba de concederlle ao Concello de Mos a través da concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego que dirixe a edil Julia Loureiro  o curso de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG.

Trátase de formación práctica de calidade e con futuro xa que, ao terminar, ós alumnos entregaráselles un diploma acreditativo do  Certificado de Profesionalidade, da familia profesional de Fabricación Mecánica, área profesional da construción metálica: “Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG”.

A subvención autonómica concedida para a realización deste curso AFD (Acción Formativa para Desempregados) ascende a 76.733,10 euros.

Trátase dunha acción formativa cunha duración total de 670 horas que será impartida por parte da Axencia de Colocación do Concello de Mos, que continúa a priorizar as políticas de formación, emprego e inserción laboral nestes duros momentos de crise económica derivada da COVID-19.

Os requisitos de acceso para os/as interesados/as en participar son: título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Certificado de profesionalidade de nivel 2, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas, ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos, ter superado as competencias clave Nivel 2.

En principio, e en función das circunstancias derivadas da COVID-19, a data prevista de inicio do curso sería finais do mes de setembro cun horario de 9:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información para inscribirse no teléfono da Axencia de Colocación de Mos, 986487786, ou no correo electrónico : [email protected]

As competencias a adquirir polo alumnado durante a acción formativa son a realización de soldaduras e proxeccións térmicas por oxigás, soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco, de acordo coas especificacións dos procedementos de soldeo (WPS).  As materias que se impartirán son prevención de riscos laborais, interpretación de planos, procesos de corte e preparación de bordos, Soldadura Oxigás, Soldadura MAG de chapas e estruturas de aceiro ao carbono e Soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio.

Tras o curso os/as alumnos/as terán 40 horas de prácticas non laborais  en empresas cuxo obxectivo é que poidan por en práctica os coñecementos adquiridos nun ambiente real de traballo.  Ademais, estes alumnos formaranse para acceder ao mercado laboral como soldadores e serán inscritos na bolsa de emprego “http://www.axenciadecolocacionmos.es/”, dende onde se realizará unha intermediación laboral con empresa do sector para conseguir a súa inserción laboral.

Curso de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG en Mos