O alcalde de Tui,
Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, formalizaron
onte – coa sinatura do convenio - o acordo con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para
que sexa está entidade a que realice a recollida de roupa, calzado e complementos
usados no municipio. O secretario xeral de Cáritas Tui-Vigo, Jose Antonio
García, rubricou o convenio coa administración municipal.
O Concello de Tui
aposta así por este proxecto social, que amais permitirá incrementar de 10 a 12
o número de colectores de roupa usada distribuídos no municipio. Os 8 primeiros están xa situados no Punto
Limpo, en Areas, na Avenida da
Concordia, na rúa Colón, a carón do Centro de Saúde e a carón da igrexa de San
Bartolomeu. Os outros catro serán situados nos próximos días noutras tantas
ubicacións.
O proxecto que
desenvolve Cáritas Diocesana Tui-Vigo ten por obxectivo dignificar a entrega de
roupa a persoas en situación de vulnerabilidade, coidar o medio ambiente, e dar
unha oportunidade laboral as persoas que non tiñan posibilidade de atopar un posto de traballo, para o que crearon unha
empresa na que xa traballan dez persoas.