O Concello do Porriño acaba de lanzar a convocatoria do concurso 'Batalla de Debuxantes: ImprovisDado', dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira. Terán que desenvolver de xeito profesional ou aficionado algunha das seguintes disciplinas artísitas vencelladas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.
A convocatoria lanzase dende a Concellería de
Cultura e a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) como
un estímulo para os creativos, para que poidan traballar dende as súas casas
pese ao actual confinamento polas medidas do estado de alarma. Dado que poden
facer os seus debuxos na casa e ser envíados por vía telemática, dentro de
prazo establecido con propósito de chegar a competir na fase final.
Neste senso indicar que a inscrición é de balde. Os debuxos deberán presentarse por vía electrónica en formato JPG ou PDF cunha resolución igual ou superior a 1.200 px por 1.200 px. Deberán envíarse escaneados ao correo [email protected] indicando como asunto: InscriciónConcurso ImprovisDado”.
O prazo de envío dos debuxos comezará o 1 de
maio e estará aberto ata o 30 de xuño.
De entre todos os debuxos presentados serán
seleccionados os artistas que concurrirán á final que sí será presencial, que
está prevista pata celebrarse o 19 de setembro. Terá unhas regras específicas e
unha dotación económica en premios que se detallan nas bases da convocatoria
que podese consultar na web do Concello e na web do departamento de Cultura.