O concello de Ponteareas presenta 'Mercaserán' unha iniciativa do comercio ponteareán que une esforzos para pór en valor a súa ampla oferta de servizos e produtos.
A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, presentaron hoxe xunto a membros da Asociación de Comerciantes Tea e a membros de BANASTRA esta primeira edición que terá lugar o vindeiro venres 14 de agosto seguindo tódalas medidas de seguridade e distanciamento COVID-19.
Nesta xornada o comercio ponteareán abrirá as súas portas no horario habitual de mañá e tarde prolongando o peche ata as 00:30 horas.
O venres será o momento da gran festa do comercio de Ponteareas con agasallos para as compras maiores de 10 euros. Unha festa na que a clientela poderá realizar grandes compras a pequenos prezos tendo así a ocasión de mercar produtos de calidade con importantes descontos.
Ademais, na zona peoníl da praza de abastos ás 12 horas poderemos gozar da actuación de Pa Ti Na Ma e da do violinista Gabriel Cracium ás 13 horas na Praza Maior. A partir das 18:30 horas na praza Bugallal terá lugar o obradoiro de tatoos e chapas con Enredos Animación. Ás 19:30 horas na rúa Amado Garra comezaremos a bailar coa charanga Os Alecríns rumbo a distintas rúas do centro urbano para continuar co ritmo da discoteca móvil LoopDiscomovil DJ+vocalista na zona da rúa Reveriano Soutullo confluencia con rúa Constitución ás 20:30 horas. LoopDiscomovil DJ volverá hacia o Paseo Matutino acompañada dun saxofonista ás 22:30 horas e para rematar Edgar Cuerdo actuará nos xardíns do Concello ás 23:30 horas.
Un día grande para as compras en Ponteareas ao trasladarse a feira do sábado festivo a este venres día 14.