Invitados pola Concellería de Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionará unha alfombra floral no paseo da corredoira, diante da igrexa de San Francisco, e irá adicada ao Camiño Portugués que pasa pola cidade de Tui.
Esta alfombra está enmarcada do marco de “O teu Xacobeo”, que é un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 2021-2022, promovido pola Xunta de Galicia. A alfombra se engloba amais no proxecto denominado “Alfombras para o Camiño”, co que se porá en valor os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través de alfombras de flores que cada ano se realizan en centenares de vilas e pobos de Galicia e España, con motivo das festas do Corpus Christi.
A alfombra ten dous símbolos como son a vieira e a cruz, e é unha alegoría adicada aos peregrinos dos cinco continentes que percorren os camiños hacia Santiago de Compostela.
No proxecto de Alfombras para o Camiño elixiuse a cidade de Tui como representante do Camiño Portugués. A maioría de peregrinos circulan por unha arteria principal que pasa por núcleos importantes como Santarem, Coímbra, Porto e Valença, para cruzar a fronteira e adentrarse en Galicia pola cidade tudense: a ponte internacional sobre o Río Miño, que une ambos países.
Tui é a porta de entrada do Camiño portugués a Galicia, e como tal situouse entre os principais puntos de partida de peregrinos hacia Compostela. Precisamente a distancia desde Tui a Santiago, algo más de 100 quilómetros, é a mínima para acadar a Compostela.
Amais, elaborarase outra alfombra diante da oficina de Turismo adicada á Rede de Xuderías de España, enmarcada nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía.