A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros con dedicación exclusiva, Baldomero Lorenzo e
Sara Cebreiro, doarán un 30 por cento
do seu soldo de abril para a loita contra o COVID-19, sumándose así á medida anunciada polo Goberno
galego e que se aplican tamén o presidente
Alberto Núñez Feijóo, e os conselleiros da Xunta de Galicia.
O
resto de edís do equipo de goberno local, o tenente alcalde Camilo
Augusto, Alberto Méndez, Leo Costas, Begoña Toucedo e Gonzalo Alonso, renuncian ás súas retribucións por asistencias a plenos e comisións do mes de marzo, e os que puideran chegar
a celebrarse en abril.
No caso do Concello de Mos, a
rexedora local mosense e os edís pasan a ingresar a porcentaxe da súa
retribución mensual na conta bancaria
da administración local para afrontar os gastos extraordinarios xerados
pola crise sanitaria do
coronavirus no municipio. Xa que a xestión desta crise a nivel local está a
xerar diversos gastos extras
ás arcas municipais "que queremos contribuír a sufragar aportando unha
porcentaxe do noso salario", explica Nidia Arévalo.
Ademais Arévalo declarou que esta
medida é tamén "un xesto de
solidariedade cos cidadáns
mosenses que estes días están a ver mermados
o seus ingresos, de gratitude coa
veciñanza que está a colaborar voluntariamente, e na medida das súas
posibilidades, a xestionar esta crise o mellor posible a nivel local; ás empresas que tamén están a prestar
apoio e axuda... en definitiva, á gran
cadea humana solidaria que nestes intres está a aportar o que pode e a
axudar como pode; para que saiban que non
están sós, que os seus representantes políticos están tamén ao seu carón, e
que xuntos sairemos".
E é que as achegas, tanto económicas
como de material sanitario –mascarillas, lentes, luvas...– son determinantes
para poñer freo á pandemia, por iso os dirixentes municipais do Concello de Mos
non quixeron deixar pasar a oportunidade de realizar as súas respectivas
achegas particulares.