4 de junio de 2024, 0:22
Os veciños e veciñas de As Neves estiveron 3 semanas desfollando e preparando todas as flores para as alfombras do Corpus Christi.
Por fin, chegou a noite. Fortes rachas de vento varreron a vila esa noite de confección dos tapetes florais, e fixo que os alfombristas teimudamente intentaran unha vez e outra colocar as flores e demais elementos.. As rúas cos debuxos agardaban para encherse de materiais vexetais e dar lugar aos tapices de flores. Os alfombristas traballaron arreo ata as 5 horas da madrugada vencendo a dificultade do ambiente ventoso. O traballo foi feito con moito agarimo de cara ao Señor Sacramentado.