jueves. 21.11.2024

A concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo informa que dende hoxe ao día 10,ámbolos dous días incluídos,as e os deportistas de nivel federados de Ponteareas poderán solicitar a axuda da bolsa a deportistas que o concello outorga para a preparación das diferentes competicións durante o ano 2019.

Estas axudas son compatibles con outras axudas públicas ou privadas que

se concedan para a mesma finalidade.

As e os interesados poderán consultar as bases na páxina web do concello

de Ponteareas na pestaña “axudas e subvencións” ou no seguinte enlace https://ponteareas.gal/axudas-subvencions/

Nahir Covelo informa que no día de onte estas bases foron publicadas no

Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e que subvencionarán a participación en

campionatos oficiais do Estado Español ou de nivel superior, convocatorias da

selección galega ou española de especialidade ou probas de nivel competitivo

superior aso campionatos galegos recoñecidas pola Federación correspondente.

Aberto o prazo para a solicitude de bolsas ás e aos deportistas de Ponteareas