sábado. 23.11.2024

O Paseo da Corredoira acolle esta fin de semana un mercado solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. Está organizado polo Concello de Tui e a asociación Revolto Artesán Galego.

Contará con 18 postos de antigüidades e coleccionismo, alimentación con produtos como filloas doces e salgadas e queixos gourmet, artesanía en madeira, pedra, cristal ou barro… Abrirá o domingo de 10 a 21h e o luns de 10 a 20.30 h.   O domingo de 10 a 12 h voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño estarán nunha carpa recollendo alimentos non perecedoiros.

Amais tanto o sábado coma o domingo de 17 a 19 h haberá un obradoiro de manualidades para nenos e nenas de 6 a 12 anos, cunha capacidade de 5 persoas que irán rotando en función da asistencia.

Revolto Artesán Galego é unha asociación sen ánimo de lucro formada por artesáns, anticuarios, ofertantes de obxectos de coleccionismo e ecolóxicos

O mercado contará cun protocolo COVID, con carteis informativos. Os postos gardarán unha distancia de 2 metros, contarán con xel hidroalcóholico, panos de papel e papeleira de pedal, así como un cartel informativo sobre as medidas a tomar dentro do mercado.

A Corredoira acolle un mercado de solidario de artesanía, antigüidades e coleccionismo