Diversas
industrias alimentarias e empresas de distribución fixeron entrega ao longo da
semana de lotes de productos que sumaron máis de 20 toneladas recibidas no
banco de alimentos “SOS Porriño”.
Estas
achegas permitiron atender o aumento da demanda de axuda que rexistraron os
Servizos Sociais do Concello do Porriño. Segundo estimacións deste
departamento, “a cifra habitual de 150 familias máis necesitadas que temos
normalmente no Porriño, duplicouse a consecuencia da paralización económica co
confinamento”, explicou David Alonso, concelleiro de Asuntos Sociais.
Entre
onte venres e hoxe sábado recibironse na sede de “SOS Porriño” as doazóns de
“Coren” que entregou 500 kilos de conservas e “Gadis” que aportou media
tonelada de fariña e azucre. O luns será “Distribucións Froiz” quen aporte
1.000 kilos de arroz e a industria “Ceamsa” patrocine a entrega de 300 botes de
cacao instantáneo. E “Nova Pescanova” repetirá aportación de 250 kilos de
productos elaborados de peixe e marisco conxelado.
Todas
estas doazóns súmanse ás recibidas dende o luns pasado entregadas pola antedita
“Nova Pescanova” así como por “Eurobanan” e “Noribérica”. Ademais da entrega
semestral da Cruz Vermella que mandou un camión con 20 toneladas de alimentos
non perecedoiros.