lunes. 25.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.477 deles 4.724 son da área da Coruña, 2.702 da de Lugo, 2.679 da de Ourense, 2.392 da de Pontevedra, 4.527 da área de Vigo, 3.918 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 484 en unidades de hospitalización e 21.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 466.919 persoas curadas, rexistrándose 3.086 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 22 de febreiro:

Home de 96 anos, na área sanitaria de Ferrol
Home de 75 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Muller de 79 anos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Muller de 76 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.683.227.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.523.752.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos activos de coronavirus na área de Vigo, 4.527